Operation Manual

galego
51
3
Mantemento e
limpeza
Non utilices un limpador de vapor.
Limpa a miúdo a superfi cie da túa placa
cando xa estea fría. Non utilices produtos ou
esponxas abrasivas. Limpa cun pano húmido
e auga xabonosa (3.1.1).
Unha vez á semana, limpa en profundidade
con produtos específi cos para vitrocerámicas.
Recomendámosche VITRO-CLEN para a
limpeza e conservación da túa vitrocerámica.
As sucidades fortemente adheridas elimínanse
coa raspa de vidro (3.1.2).
Se por descoido se queima azucre, elementos
azucrados ou plástico sobre a placa, elimínaos
canto antes cunha raspa aínda en quente.
De non facelo, poden quedar manchas
permanentes.
Utiliza a coitela da rapa en perfecto estado,
substitúea no caso de que presente algún
deterioro.
Modelos dfghjklmo: Selecciona un foco e
pono á máxima potencia pulsando
ata
visualizar un 9 e un punto
(2.9.3). Regula
a potencia pulsando
, recoméndanse os
niveis 3 a 6 (2.9.4). Tras cinco segundos,
o quentamento rápido queda validado e
visualizarase a potencia seguida dun punto
(2.9.5). Alcanzada a temperatura máxima, o
punto decimal desaparece e o foco seguirá
funcionando de forma convencional. Para
cancela-la función, pulsa a tecla do foco
programado e selecciona unha nova potencia.
2.10 Vitros con mandos. Asegúrate de que o
foco que vas a accionar corresponde ó foco
que queres utilizar (2.10.1). Xira o mando á
posición desexada e acenderase o piloto de
funcionamento (2.10.2) que tamén sinala a
calor residual cando o foco se apaga.
Nos modelos con foco dobre ou foco fonte,
xirando o mando á esquerda, regúlase unha
parte do foco e xirando o mando á dreita,
regúlase o foco enteiro (2.10.3).
2.11 Apagado do foco. Selecciona a potencia
0
do foco que desexas apagar.
2.12 Calor residual. Despois de utiliza-la placa,
os focos mantéñense quentes por un tempo
que varía en función da potencia seleccionada
e visualízase unha
ou un punto nos focos
aínda quentes. No toques eses focos, existe
risco de queimarse.
Atención: se se produce un corte de corrente
eléctrica, ó restablecerse de novo, a indicación
non se visualizará aínda estando quente a zona de
cocción. Ten en conta esta circunstancia.
2.13 Función bloqueo. Para evitar manipulacións
por parte dos nenos. Mantén pulsada a tecla
durante 3 segundos e activara-lo bloqueo. Para
desbloquealo, repite a operación.
Recomendacións:
Evita golpes dos recipientes sobre o cristal.
Os recipientes de aluminio non son
aconsellables, pois poderían formar manchas
sobre o vidro, a non ser que teñan fondo con
protección de aceiro inoxidable.
Os focos de calor non deben funcionar sen
recipiente.
A base do recipiente debe ser plana e estar
seca.
Coida que os diámetros dos recipientes sexan
maiores ou iguais ó foco que se vai a utilizar e
céntrao sobre o foco de calor.
Procura non move-los recipientes, podería
raiarse o vidro.
Utiliza o aparato só para a preparación de
alimentos. Non utilíce-la placa coma mesa de
traballo.
Non vertas auga fría directamente na placa
cando estea quente.
Atención: O funcionamento descontinuo das
zonas de cocción, non é unha avaría. Funcionan
en períodos de acendido e apagado máis ou
menos longos en función da potencia desexada.